O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Santiago na III Mesa do Autónomo, na que están representadas as principais asociacións do sector, para avaliar e consensuar as medidas da Estratexia Autónomo 2020 coa que o Goberno galego pretende mellorar as condicións destes traballadores e que Galicia sexa un lugar axeitado para emprender.
Conde explicou que o obxectivo da Mesa do Autónomo é dar resposta ao sector “nun novo ciclo económico que necesita respostas concretas para consolidar o crecemento e crear emprego estable”.
O titular de Economía explicou que a planificación, dotada con 40 millóns de euros ao ano para apoiar a 10.000 traballadores cada exercicio, busca coas 20 medidas que contén a incorporación de novas persoas ao sector facilitándolles mellores condicións e simplificando e axilizando a tramitación.
https://www.youtube.com/watch?v=PWy8YZuZMZY




