Porto do Son foi esta fin de semana o centro neurálxico da música e dos deportes urbanos de Galicia. O domingo pechou a súa novena edición cunhas cifras de récord. O cartel deste ano despertou o interese do público polo que se completou o aforo dispoñible para os concertos o venres e o sábado. O que levou tamén a colgar o cartel de cheo na zona de acampada. Unha vez máis o festival reafirma a súa calidade converténdose nunha referencia para a mocidade no rap e o trap.
O ROMPETIÑO ROMPEU RÉCORDS NA SÚA NOVENA EDICIÓN


