Este venres o teatro cine Elma abriu as súas portas para acoller unha homenaxe especial, un recoñecemento ao presidente honorífico e fundador de Actemsa, Severino Escurís Batalla. O Concello pobrense e a asociación de empresarios local impulsaron este acto en colaboración coa Deputación da Coruña e ao que asistiron máis de 200 persoas entre empresarios, traballadores, familias, veciños e institucións. A concelleira de Relacións Institucionais da Pobra, Patricia Lojo, afondou na traxectoria profesional do empresario, que cumpre 100 anos o vindeiro 18 de xullo.
HOMENAXE AO MÉRITO EMPRESARIAL A SEVERINO ESCURÍS BATALLA


