Mais de 170 persoas correran este domingo 19 de febreiro no Trail de San Isidro , que se realiza nos montes da Pobra, a cita é a segunda do circuito Arousa Revolutrion, organizado por Arousa Norte e Arousa Neo, para fomentar o deporte e por en valor o patrimonio natural dos catro concellos que compoñen a mancomunidade.
O Trail de San Isidro presenta nesta segunda edición un incremento do desnivel positivo chegando ata os 700 m. que se acadan por unha antiga senda ata o cumio do alto do Salgueiriño, e dende alí polo cumio das Escaleiras nunha das baixadas máis técnicas que te podes atopar en todo o circuito.
O 19 de febreiro relízase na Pobra o Trail San Isidro
Please login to join discussion