O fútbol vivirá unha última fin de semana de emocións e títulos. Este domingo o campo municipal da Marola, en Oleiros, será o escenario no que se coñecerá ás campioas da Copa Deputación da Coruña. O EFM Concello de Boiro afronta unha final de moito nivel xa que se mide a un rival de entidade, como o Victoria CF. As pupilas de Miguel Ángel Ramos queren dar a sorpresa e poñer a guinda a unha gran campaña na Liga Galega Feminina e na Copa do Sar, da que foron campioas.
O EFM CONCELLO DE BOIRO QUERE A COPA DEPUTACIÓN


