O venres 17 de febreiro, ás 19.30h, no Centro Social de Boiro terá lugar unha charla informativa aberta a toda a veciñanza boirense, na que se informará dos pasos a seguir para reducir o custos da factura da luz nas nosas casas. A charla, organizada por Boiro Novo, contará coa intervención de Andrés Breijo, experto en aforro enerxético, que explicará como entender a factura eléctrica e que medidas podemos tomar para reducila. No acto tamén participará Yolanda Díaz, Deputada de En Marea no Congreso.
https://www.youtube.com/watch?v=BLRsu5ZBgj4




