Un total de 40 obras compoñen a exposición “Estilos” que, ofrecida pola artista María Luisa Rojo-Novais e que se expón ata o 4 de marzo no Centro Cultural Lustres Rivas. O acto inaugural contou coa participación da artista, o alcalde de Riveira Manuel Ruiz e a nova concelleira de Cultura Herminia Pouso. Entre os asistentes, artistas locais como Jontxu Argibay, Maralla, José Gude ou Paco Casal.
Das 40 creacións expostas, 37 son pinturas ao óleo e técnicas mixtas de mediano e gran formtato, e 3 esculturas. A través de “Estilos” pódese ver no local riveirense unha ampla representación (a máis completa nunca feita sobre a autora na comarca do Barbanza) dos diversos estilos característicos desta prestixiosa pintora, que teñen como denominador común un intenso colorido