O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a necesidade de abrir un debate sobre o custe real dos servizos públicos que prestan as comunidades e que, nalgúns casos, non está ponderado como debería no sistema de financiamento autonómico. Neste sentido, referiuse a factores como o envellecemento ou a dispersión poboacional que, sen ir más lonxe, no caso da sanidade pública galega supón un sobrecuste de 500 millóns de euros.
http://youtu.be/Lv_QS5SI70M