Esta fin de semana viviuse unha das grandes competicións deportivas da comarca. O sábado ás 16.00 horas arrancou “Os 100 do Barbanza”, proba na que se deron cita máis de 300 corredores de trail. Algúns están xa curtidos en moitas carreiras, aínda que para outros foi unha primeira experiencia neste esixente trazado.

