Esta mañá a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, visitou o concello de Muros. Nese escenario a nacionalista reafirmou o seu rexeitamento á corrupción e reiterou a súa posición de tolerancia cero cara ela en relación ao informe da Unidade Central Operativa da Garda Civil. Nel implícase ao secretario de Organización do PSOE, Santos Cerdán, no cobro de comisións por adxudicar de forma ilegal obras públicas. Práctica á que Pontón se opuxo firmemente.

