O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este xoves no acto de inauguración da nova fábrica de Estrella Galicia, localizada no parque empresarial de Morás, en Arteixo. Nese escenario destacou que este proxecto representa “un antes e un despois” para o tecido industrial galego, ao combinar innovación, identidade e ambición de futuro. O titular do Goberno galego enxalzou a aposta de Hijos de Rivera por consolidar en Galicia unha industria moderna, sostible e comprometida co territorio.
O PRESIDENTE DA XUNTA PUXO Á NOVA FÁBRICA DE ESTRELLA GALICIA COMO EXEMPLO DE INNOVACIÓN, IDENTIDADE E AMBICIÓN DE FUTURO


