0 O patio do CEIP de Portosín contaba esta mañá cun novo elemento: a food truck de Galicia Sabe Amar. Todo o alumnado do centro coñeceu máis de preto o mundo do mar e os seus produtos grazas á colaboración da Confraría de Pescadores de Portosín.