Dúas persoas falecidas nun accidente de tráfico en Porto do Son

Un home e unha muller perderon a vida esta tarde nunha colisión entre catro coches e un camión que transportaba bombonas de butano en Porto do Son. Xunto as vítimas, que ían no mesmo vehículo, viaxaba outra muller que resultou ferida e foi trasladada por Urxencias Médicas ao Hospital de Barbanza. O condutor do camión foi atendido polos servizos sanitarios nunha ambulancia.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.