Porto do Son será un verán máis o epicentro da cultura e dos deportes urbanos grazas ao Rompetiño Jump. Este festival, que cumpre xa nove anos no calendario comarcal e galego, vivirase entre o 4 e 6 de xuño na fachada marítima sonense. O director do festival, Luis Pazos, sinalou na presentación do Rompe que é moi importante o apoio de todos os colaboradores para facelo realidade.
O ROMPETIÑO TRAERÁ UNHA MESTURA DE DEPORTE URBANO E MÚSICA A PORTO DO SON O 4,5 E 6 DE XULLO


