A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, desprazouse esta mañá ata Boiro para coñecer de primeira man o traballo que desenvolve a Asociación AMICOS en prol da inserción laboral de persoas con distintas capacidades. Amicos promove o emprego inclusivo a través da empresa de inserción laboral Properdis, dedicada a servizos de construción, xardinería e limpeza. Durante a súa visita a secretaria xeral estivo acompañada polo Director de Amicos, Xoán España, representantes municipais e Directivos das empresas que colaboran coa asociación na inserción laboral, como Jealsa Rianxeira e Sálica.
https://www.youtube.com/watch?v=7jSl5QDKp_A