Aberto o prazo para os locais hostaleiros interesados en anotarse no concurso de disfraces do sábado 25 de febreiro

O Concello de Riveira en colaboración coa Asociación de Empresarios e a hostalería de Riveira organiza un concurso de disfraces o sábado 25 de febreiro que estará premiado coas seguintes gratificacións económicas nas modalidades de individual, parella e grupo:

INDIVIDUAL
1º PREMIO: 100€
2º PREMIO: 50€

PARELLA
1º PREMIO : 200€
2º PREMIO: 100€

GRUPO (mínimo de tres persoas)
1º PREMIO: 350€
2º PREMIO: 200€

Todos os locais hostaleiros de Riveira que desexen que os seus locais formen parte deste concurso deberán inscribirse desde hoxe ata o domingo día 19 de febreiro ás 24.00h nalgún dos seguintes contactos:

TELÉFONO: 981 87 37 19
ENDEREZOS ELECTRÓNICOS: sanroqueturismo@gmail.com
correo@empresariosriveira.com

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.