Fin de semana de non parar para os Bombeiros de Boiro na comarca. Entre as emerxencias máis destacadas salienta un accidente na autoestrada do Barbanza cun ferido trasladado ao hospital comarcal.
Ocorreu á altura da parroquia boirense de Cespón cando o condutor perdeu o control do vehículo e bateu contra a mediana.

