Icono del sitio CanalBarbanza.com

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA FINANCIA A CONTRATACIÓN DE 311 PERSOAS CO PROGRAMA PEL

A Deputación da Coruña financia este ano a contratación de 311 persoas en pequenas empresas, microempresas e negocios de persoas autónomas da provincia a través da liña de axudas PEL. Este programa permite ás entidades cubrir ata o 70 por cento dos custos laborais durante un período máximo de 12 meses.

Os municipios de entre 5.001 e 10.000 habitantes agrupan o 38,91% das concesións, mentres que os de entre 2.001 e 4.000 suman un 26,37%. Por perfil das entidades beneficiarias, as persoas autónomas son o colectivo máis numeroso, con 177 solicitudes concedidas, o que representa o 56,91% do total.

O sector terciario é o máis beneficiado, especialmente na hostalaría e no comercio, seguido do secundario, coa construción e as reformas ao fronte. Case o 94 por cento das empresas solicitantes acceden por primeira vez a esta liña de axudas.

No caso do Barbanza destínanse case 720 mil euros repartidos entre todos os concellos. O concello con máis contratacións é Muros, con 11. Ségueno Outes con 7, Boiro e A Pobra con 4, Noia con 3, Rianxo e Lousame con 2, e Porto do Son con 1.

Salir de la versión móvil