A Xunta aposta polas razas autóctonas gandeiras de Galicia cunha nova liña de axudas. Conta cun orzamento de case 400 mil euros e a el poden aplicar todas as explotación de gando bovino, ovino e cabrún.
A conselleira do Medio Rural salientou que con estas axudas búscase apoiar os gandeiros que apostan pola preservación do patrimonio xenético e produtivo, así como pola sustentabilidade do rural. O obxectivo último que se quere acadar, segundo explicou a conselleira, é que os gandeiros poidan substituír os seus animais por exemplares criados na propia explotación desde o desleite.

