O Pazo do Hórreo abriu as súas portas esta mañá para acoller unha nova sesión do pleno do Parlamento de Galicia. Hoxe foi a quenda de control ao Goberno galego e a oposición un tema de actualidade: a súa postura con respecto á denuncia por agresión sexual contra o exconselleiro do Mar, Alfonso Villares.
O primeiro en intervir foi o portavoz socialista, José Ramón Gómez Besteiro, e recordou que o presidente da Xunta non respondeu ás cuestións feitas a comezo do ano sobre a problemática da vivenda. E puxo tamén o foco no feito de que o presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, contara no seu equipo durante seis meses cun conselleiro acusado por agresión sexual.
A OPOSICIÓN PIDE EXPLICACIÓNS A RUEDA LOGO DE MANTER A ALFONSO VILLARES NO CARGO DURANTE MESES TRAS SER DENUNCIADO POR AGRESIÓN SEXUAL.A OPOSICIÓN PIDE EXPLICACIÓNS A RUEDA LOGO DE MANTER A ALFONSO VILLARES NO CARGO DURANTE MESES TRAS SER DENUNCIADO POR AGRESIÓN SEXUAL


