Icono del sitio CanalBarbanza.com

UN CIENTÍFICO ESPAÑOL PODERÍA ESTAR DETRÁS DA FIN DA CALVICIE

A alopecia podería chegar ao seu fin nos próximos anos. Un experimento do científico español Eduardo López conseguiu revertir a calvicie nun grupo de ratos combinando células nai e tecidos graxos.

Queda moito camiño por diante ata poder aplicalo a humanos, pero os primeiros pasos desta investigación foron fructuosos, xa que o índice de éxito foi do 100 por cento nos ratos femia e do 90 no caso dos machos.

Un avance que a poboación ve con bos ollos ao ser a calvicie un factor que afecta a gran parte dos homes, e cada vez a máis mulleres.

Salir de la versión móvil