A natureza e a comedia danse a man en Noia. Abanca e o Concello inauguraron esta mañá a exposición Comedy Wildlife, un conxunto de 60 obras fotográficas nas que se reflicte o lado máis humorístico do mundo animal.
É a primeira vez que esta mostra toca a rúa, sendo Noia a primeira vila escollida para albergala. Afundación busca con ella concienciar aos cidadáns sobre o coidado da vida natural e do medio ambiente.

