Aprobamos a Estratexia de emprego autónomo 2017-2020, cunha achega total de 160 millóns

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este mediodía, na rolda de prensa do Consello, a posta en marcha da Estratexia autónomo 2020, cunha achega total de 160 millóns de euros -40 millóns por ano-, para apoiar a máis de 10.000 traballadores en cada exercicio orzamentario. Unha iniciativa que se pon a funcionar desde hoxe mesmo, con 20 millóns de euros en axudas para o establecemento como autónomo e para a contratación indefinida.

Consciente de que os autónomos son a base do sistema produtivo galego, Feijóo avanzou que esta estratexia ten como obxectivos fundamentais: que Galicia sexa a comunidade na que sexa máis barato facerse autónomo; incentivar as contratacións para converter os empregados temporais en fixos; impulsar plans de mellora nos negocios; impulsar a formación; simplificar os trámites; facilitar o relevo xeracional, e ampliar en 16 semanas adicionais a bonificación para conciliar tras unha baixa por maternidade ou paternidade. No tocante ao compromiso de converter Galicia na autonomía na que sexa máis barato ser autónomo, Feijóo anunciou a ampliación a 12 meses máis da tarifa plana do Estado, co obxectivo de que este colectivo abone só 50 euros durante os primeiros 18 meses desde a súa constitución. Esta medida terá prioridade para os menores de 30 anos.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.