Fin de semana futboleira en Boiro. A vila acolleu a XXI Xuntanza de Peñas Barcelonistas de Galicia. A xornada do sábado estivo protagonizada polas actividades internas, de debate entre os socios sobre a actualidade do club.
O lugar escollido foi o centro social boirense, onde os aficionados puideron charlar con membros do club, como o ex xogador Eusebio Sacristán.
O domingo trasladouse a festa á rúa. Os seareiros desfilaron polo rueiro boirense coas cores blaugranas ata o Pazo de Goiáns, onde se uniu á festa o vicepresidente da entidade Antonio Escudero.
O responsable da Área Social asegurou non coñecer a comarca pero si saír de aquí cunha grata sorpresa co Barbanza. Salientou ademais o gran traballo das peñas galegas.