Muros

CXG organiza unha charla informativa en muros sobre as cláusulas chan dos contratos hipotecarios.

O venres 10 de febreiro ás 20:00h no Restaurante O Castelo de Muros terá lugar unha charla informativa sobre as cláusulas chan das hipotecas a cargo do prestixioso avogado e Secretario Xeral da Asociación de Consumidores e Usuarios de Galicia ACOUGA. Nesta charla informativa preténdese orientar e informar a todos/as aqueles afectados polas cláusulas chan dos seus contratos hipotecarios. Como reclamar, cales son os dereitos dos clientes, cal é o procedemento a seguir serán algunas das dúbidas que dende Compromiso por Galicia se pretende contestar aos vecinos/as de Muros afectados por esta cláusula coa organización deste acto.
Seguidamente a alcaldesa de Muros, Mª Xosé Alfonso poñerase á disposición dos veciños/as para informar, aclarar dúbidas e recoller as demandas que os presentes consideren oportuno.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.