Deportes

PUEBLA, SAMERTOLAMEU, TIRÁN E ARES CONQUISTARON O CAMPIONATO DE GALICIA DE TRAIÑEIRAS

Esta fin de semana o remo foi o protagonista do calendario deportivo de Ribeira. Aguiño acolleu a disputa do Campionato Galego de Traiñeiras na que os equipos da comarca optaban ao título autonómico. O sábado abriuse a competición e as embarcacións do Barbanza, Muros e Noia citáronse nas finais do domingo tanto na absoluta coma en veteráns.

O dominio comarcal viuse en pleno na veteranos feminina co podio cheo de equipos locais. O triunfo foi para o Club de Remo Puebla que completou o percorrido con 18 segundos de diferencia coas segundas, as remeiras da Esteirana. E o terceiro lugar foi para Cabo da Cruz.

No apartado masculino o triunfo foi para Samertolameu, que se levou unha disputada batalla nas augas aguiñenses co Vila de Cangas, segundo tan só un segundo por detrás. E pechou o podio Chapela.

O absoluto feminino estivo tamén dominado por equipos de fóra da comarca. Tirán foi a mellor traiñeira e completou a proba con tan só dous segundos de marxe coa segunda embarcación, Chapela. E Cabo da Cruz quedou no terceiro lugar. Unha clasificación simular viuse no absoluto masculino. Ares conquistou a categoría e Chapela repetiu no segundo caixón do podio. E os crucenses subíronse novamente ao terceiro lugar do podio.

Chapela foi subcampión nos dous apartados absolutos e o seu representantes fixo un balance positivo do campionato.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.