Deportes

O ARTES É NOVO EQUIPO DE SEGUNDA FUTGAL

O CD Artes ascende a Segunda Futgal remontando a eliminatoria ante o Xuño e deixando un partido para o recordo. Na ida os sonenses impuxéronse por 3 a 1 nas Furnas, un resultado que lles deixaba encarrilado o ascenso.

A Fieiteira acolleu a volta desta eliminatoria entre o terceiro e o cuarto clasificado do grupo de ascenso. Os goles tardaron media hora en chegar, cando aos 32 minutos Miguel González abriu a lata para o Artes. Só catro minutos despois Brais Santos poñía o 2 a 0 dende os once metros para empatar o global. A remontada firmouse ao fío do descanso, co 3 a 0 de Daniel Sobrido.

O segundo tempo serviulle ao Artes para seguir sometendo ao Xuño e amarrar o ascenso. Os goles no 53 e no 55 de Alejando Pérez e de novo Miguel González servíronlles para finiquitar a eliminatoria.

O Artes súmase así ao Milladoiro e ao Porto do Son como os equipos do Grupo 1 de Santiago do Play Off de Ascenso en abandonar a categoría. Por diante queda agora unha nova temporada na Segunda Futgal.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.