Icono del sitio CanalBarbanza.com

ABSOLVEN UN HOME DE ROMPER A MANDÍBULA A OUTRO EN NOIA POR FALTA DE PROBAS E CONTRADICIÓNS NO RELATO

Unha puñada que ninguén veu. Ese foi o veredicto da Audiencia Provincial da Coruña para absolver a un acusado de romper a mandíbula a un home en Noia na madrugada do 18 de agosto do 2021.

O motivo, os relatos contraditorios da vítima, alegando ademais o acusado que ese día marchara para casa coa súa parella tempo antes de ocorrer a suposta agresión.

O agredido tivo que ser intervido quirurxicamente para subsanar os danos, ademais de consumir alimentos triturados durante 200 días ao ser incapaz de masticar por mor das lesións.

O xuíz da Audiencia da Coruña decidiu absolver ao acusado ante a falta de probas e dos relatos contraditorios da parte demandante. Solicitaban unha pena de ata tres anos de cárcere e unha sanción de entre 45 e os 57 mil euros.

Entre os argumentosdo estamento xudicial para desestimar a acusación está que ningunha das testemuñas chamadas a declarar viu a puñada e que a vítima non recibiu asistencia sanitaria ata cinco días despois do sucedido. Segundo o demandante, non acudira antes ao centro de saúde para non molestar a seus pais, con quenes convive aos 47 anos.

Ante a falta de probas e estas contradicións nas declaracións, o xuíz decidiu absolver ao acusado. Polo de agora a sentenza non é firme e aínda se poden interpoñer recursos de apelación.

Salir de la versión móvil