Deputación Da CoruñaMuros

A Deputación inviste 209.000 euros para dotar de beirarrúas a varios lugares no concello de Porto do Son

A Deputación da Coruña, a través do Plan de Acción Social (PAS), puxo en marcha as obras de construción de beirarrúas nos lugares de Caamaño, na Ponte do Río Sieira ao Carrapatal (Xuño), no lugar do Mariño e na Avenida Constitución, ambos en Portosín, cun investimento total de 208.900 euros.

A circulación vial nos tramos de Caamaño e no acceso dende a Ponte do Río Sieira ao Carrapatal (Xuño) resulta insegura, principalmente para os peóns que transitan pola beira de esta vía de comunicación con Porto do Son. Por iso, a Deputación acomete os traballos para a construción de beirarrúas, coa construción de muros e o pavimentando do resto do espazo dende o bordo ata a estrada, para así non afectar á zona de circulación de vehículos.

Para levar a cabo estas obras, foi necesaria a limpeza de cunetas, a demolición do pavimento e a retirada ou reinstalación de, así como a reparación da varanda e barrotes metálicos de aceiro. Ademais, implantarase unha rede de saneamento consistente na canalización de augas a través de colectores e un pozo de rexistro. Unha actuación para a que o organismo provincial destina 92.600 euros. A duración prevista das obras é de tres meses.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.