Feijóo afirma que a Lei de fomento de implantación empresarial contribuirá a seguir despexando o futuro da automoción galega

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asegurou hoxe que a nova Lei de fomento de implantación empresarial contribuirá tamén a seguir despexando o futuro da automoción galega, a través de medidas como a simplificación administrativa máxima para a implantación de proxectos e o fomento de medidas específicas de dinamización de áreas empresariais.
Así mesmo, e en resposta ás preguntas dos grupos no Pleno da Cámara, afirmou que o Goberno galego seguirá apostando pola innovación, a investigación e o talento dentro do sector. E, ao respecto, recordou que grazas á excelente competitividade dos traballadores da planta de PSA-Peugeot Citroën en Vigo, á competitividade das industrias auxiliares e ao apoio inequívoco da Xunta e da Administración central -a través da Zona Franca-, o sector está avanzando e ten unha década despexada de incertezas.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.