O grupo popular apoia esixir ao goberno central a inmediata reclamación a noruega da devolución das taxas cobradas irregularmente aos mariñeiros galegos

O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación no Parlamento de Galicia dunha proposición non de lei a través da que se esixe ao Goberno central a inmediata reclamación ao Goberno de Noruega da devolución das taxas cobradas irregularmente aos mariñeiros galegos neste país. O portavoz de Mar, Carlos López Crespo, afirmou que o Goberno galego e o Partido Popular “non van deixar abandonado a este colectivo de mariñeiros e seguiremos traballando para que consigan a xubilación que se merecen”.

O acordo acadado hoxe no Parlamento inclúe, ademais, a solicitude para que o Goberno de España interpoña, ao amparo do artigo 33 do Convenio Europeo de dereitos humanos, unha demanda diante do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos contra o Reino de Noruega por incumprir o citado convenio europeo ao vulnerar a prohibición de discriminación por nacionalidade por esixir a residencia para a inclusión no sistema noruego de Seguridade Social aos nosos traballadores do mar emigrantes embarcados nos seus buques.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.