Icono del sitio CanalBarbanza.com

FALECE UN OPERARIO EN OUTES AO CAERLLE UNHA ÁRBORE ENRIBA

Traxedia na parroquia de Cando. Un operario faleceu ao caerlle unha árbore enriba. O traballador, de 31 anos, estaba realizando labores de poda e corta cando se viu sorprendido polo piñeiro, que ao aplastalo acabou coa súa vida.

Ata o lugar acoderon os Bombeiros de Boiro, que xunto cos efectivos de Emerxencias nada puideron facer por salvarlle a vida.

A voz de alarma deuna un particular arredor das dez e media da mañá, afirmando que había unha persoa debaixo dunha árbore, posiblemente xa falecido.

Salir de la versión móvil