Varias traballadoras do Concello da Pobra denuncian a privatización do servizo de conciliación. O Goberno local leva dende o 2016 asumindo a xestión deste campo, algo que agora cambiará, segundo o propio concello, por mor da nova reforma laboral.
As traballadoras aseguran que esta privatización non fará máis que prexudicalas xa que dende o Concello ninguén as notificou, tendo que enterarse pola prensa.

