Na tarde de onte celebrouse unha nova sesión da comisión 8ª, Pesca e Marisqueo na que o PP presentou unha moción sobre as demandas que a Xunta debe dirixir á Dirección Xeral de Costas e ao Concello da Pobra polas verteduras que se detectaron os últimos meses na Ribeiriña. O deputado popular, Miguel Fidalgo, apuntou cales son os culpables desta contaminación mariña.
O PARLAMENTO GALEGO ESIXE AO GOBERNO DA POBRA E Á DIRECCIÓN XERAL DE COSTAS QUE ADOPTEN MEDIDAS URXENTES PARA CORRIXIR OS VERTIDOS DA RIBEIRIÑA


