O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este martes na presentación da nova Certificación Dual para peregrinos, un proxecto pioneiro que recoñece oficialmente a realización conxunta do Camiño de Santiago e do Camiño do Cura Brochero, na provincia arxentina de Córdoba. O acto tivo lugar en Santiago de Compostela e contou coa presenza institucional dunha delegación cordobesa encabezada polo seu gobernador, Martín Llaryora.
RUEDA DESTACA O IMPULSO DA IRMANDADE ENTRE O CAMIÑO DE SANTIAGO E O DE CURA BROCHERO PARA REFORZAR OS LAZOS CON ARXENTINA


