Unha das empresas referentes na comarca e en Galicia, Congalsa, vén de reafirmar e reforzar o seu posicionamento como unha empresa implicada na sostibilidade social e relacional ao sumar un novo recoñecemento. O Atlas Galego da Empresa Comprometida 2024 considera que a compañía especializada en solucións de alimentación é unha das mellores da autonomía logo de obter unha elevada puntuación en áreas clave como persoas, entorno e bo goberno. Recoñecemento destacado pola compañía con sede na Pobra.

