Icono del sitio CanalBarbanza.com

ALFONSO RUEDA ALERTA DE QUE UNHA DECEA DE PROXECTOS INDUSTRIAIS ESTÁ EN RISCO EN GALICIA POR FALTA DE CAPACIDADE NA REDE ELÉCTRICA

Contar cunha rede moderna, robusta e adaptada. Esa é a demanda que transmitiu o presidente da Xunta ao Goberno central no foro Galicia hacia el futuro, organizado por EuropaPress.

Rueda resaltou que reforzar as actuais infraestruturas eléctricas na comunidade e mellorar a evacuación das enerxías renovables é unha necesidade “real e urxente” para o tecido produtivo xa que, manter as actuais condicións, supón unha ameaza directa para o crecemento económico e a atracción de investimentos na comunidade.

Salir de la versión móvil