O sector do mar non pasa polo seu mellor momento. Esta é unha realidade que sofre quen se dedica a este mundo, e que notan especialmente dende as confrarías. A de Porto do Son non escapa a este fenómeno, aínda que grazas á súa política de austeridade consegue sortear os obstáculos.
De feito, asegura o seu patrón maior que malia non ter bos número de vendas e grazas á xestión de Tomás Fajardo, o antigo dirixente, seguen mantendo un gran remanente económico.

