O salón de plenos da Casa Consistorial da Pobra do Caramiñal acolleu esta mañá unha sesión extraordinaria na que se se tratou un único punto: a aprobación definitiva do orzamento municipal para o presente exercicio. No pleno foron inadmitidas as catro alegacións que presentou o PP ao documento elaborado polo Goberno local.

