Tras unha longa investigación, iniciada o pasado mes de outubro, e na que colaboraron axentes da Comisaría de Santiago, a policía detectou que varias mulleres de orixe Colombiana exercían a prostitución en duras condiccións nun piso de Noia. Según explica a Policía estas mulleres eran captadas en barrios marxinais de Colombia polas detidas, viñan a España enganadas contraendo unha débeda económica e compromisos personais dos familiares cuxa cifra acadaba os 2,2 millóns de pesos colombianos, uns 2.000 euros. Estas mozas eran obrigadas a exercer a prostitución nun piso de Noia, 24 horas ó día .
No marco da ‘Operación Boavista’ a Policía Nacional detivo en Noia a duas mulleres e un home por supostos delitos relacionados coa prostitución, dereitos dos traballadores, coaccións e ameazas .
Please login to join discussion