Icono del sitio CanalBarbanza.com

A ASOCIACIÓN SOMOS REFUXIO BARBANZA CONVOCA UNHA VIXILIA SOLIDARIA EN FAVOR DE PALESTINA

Ribeira pronúnciase ante o xenocidio israelí en Palestina. A asociación Somos Refuxio Barbanza convoca para o día 24 de maio unha vixilia na Porta do Sol ribeirense para protestar ante a matanza de palestinos na Faixa de Gaza.

Non é a primeira convocatoria que leva a cabo a entidade. Xa no 2016 se manifestou ante o desprazamento masivo de refuxiados sirios pola guerra civil. Agora agardan a mesma resposta social ante o xenocidio en Gaza.

Salir de la versión móvil