O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, tras unha reunión co alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, a posta en funcionamento no primeiro semestre deste ano do novo bloque cirúrxico do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, ao que engadiu o compromiso de impulsar a seguinte fase de mellora do hospital público, comezando pola reforma do hospital de día.
Así mesmo, anunciou a construción dun novo centro de saúde na zona de Juan Flórez-Federico Tapia; un centro que cualificou de “prioritario” para a Xunta e para o que neste momento a Administración autonómica xa está avaliando a súa construción no novo emprazamento proposto polo Concello.
Feijóo avanza a posta en funcionamento este ano do novo bloque cirúrxico do CHUAC
Please login to join discussion