O PARLAMENTO GALEGO aproba os orzamentos da XUNTA para 2017, 85 días despois da terceira toma de posesión de FEIJÓO como presidente do goberno galego

O Parlamento galego aprobou hoxe os orzamentos da Xunta de Galicia para o presente ano 2017, só 85 días despois da terceira toma de posesión de Alberto Núñez Feijóo como Presidente do Goberno galego. O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, ponderou o feito de que en Galicia haxa “un goberno serio, rigoroso e responsable” apoiado no mandato das urnas, ao tempo que convidou á oposición a que se decida a “sumar e remar xuntos na mesma dirección”.
Miguel Tellado argumentou que a maioría de emendas presentadas aos orzamentos “contraveñen a lexislación estatal básica” e repercutirían negativamente na Comunidade galega, dado que darían lugar a “unha inseguridade xurídica inasumible”.
Neste sentido, lembrou que os grupos de esquerda piden en conxunto 1.000 millóns de euros máis de gasto, o que suporía o “saqueo do peto dos contribuíntes” mediante subas do imposto da renda ou creación de novos impostos, algún deles recorridos ante os tribunais, como o de grandes superficies comerciais.

https://www.youtube.com/watch?v=aparlc3gu18

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.