A Asociación de Empresarios da Pobra, Azul de Portosín e a asociación de hostalería de Ribeira deu pé ao nacemento da iniciativa “De Pobra a Portosín, tapeando polo mar”, na que tamén colabora a Consellería do Mar. Esta fin de semana foi a súa estrea e o conselleiro Alfonso Villares estivo no municipio pobrense o venres para inaugurar esta iniciativa que persegue uns obxectivos moi concretos.
DEGUSTACIÓNS DE MEXILLÓN, ATÚN E ANCHOA GRAZAS Á INICIATIVA “DE POBRA A PORTOSÍN, TAPEANDO POLO MAR”


