Arbores caídas, cortes no subministro eléctrico, desprendementos en tellados e fachadas, son parte das incidencias que deixou o paso desta borrasca na Barbanza.

O temporal provocou a caída de numerosas árbores na Barbanza, os servizo de emerxencias traballaron arreo para despexar estradas e garantir a seguridade viaria. Unha gran árbore cortou a circulación de madrugada na estrada das Saíñas, o vento arrincou as grandes raíces da terra, o mesmo aconteceu noutros lugares Ribeira, como Frións, Castro, a Avenida de Ferrol, Oleiros e Fafián. Non foi menos en Rianxo, onde protección civil e os bombeiros de Boiro tiveron que retirar unha gran árbore que caeu nas inmediacións do centro de saúde de Taragoña, Equipos de Protección civil de toda a comarca traballaron sen parar dende esta noite, Tamen os bombeiros de Boiro e Ribeira.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.