O Día Mundial Contra o Cancro, 4 de febreiro, terá un espazo especial nas rúas de Ribeira.

A Xunta Local de Riveira contra o Cancro situará no Malecón de Ribeira, o sábado 4 de febreiro a partor das 11.00 h, unha mesa onde se repartirá información sobre o seu quefacer de apoio á difusión dos seus servizos de apoio psicolóxico, atención social e orientación sanitaria.
“Se loitas contra o cancro, tesnos aquí”, “Se che importa a túa saúde, tesnos aquí” son os lemas fundamentais da nova campaña, na que se fai fincapé na importancia prevención contra o cancro por medio dos hábitos de vida saudables: alimentación saudable, deixar de fumar, diagnóstico precoz e o exercicio físico.
A campaña informativa continuará a semana seguinte. O venres, 10 de febreiro, levarase a cabo unha charla “Frente al cáncer, cuídate: queda mucho por vivir”, no Centro Cultural Lustres Rivas ás 19.00 h, impartida pola psicóloga da AECC Ainoa Carrasco.

https://www.youtube.com/watch?v=Y-q0UmcSsqc

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.