O acto que se vai realizar no Auditorio de Ribeira o 5 de Febreiro as 18:30 contará coa participación de Cris Román, Rockolas, Rebe e Andrés, Os Monifates e XeVa, e as poetisas Marina Losada e Marta Pedrosa. Estará conducido por Quico Cadaval.
Dende a Plataforma convidan a toda a veciñanza a asistir a este acto, no que se venderán camisetas, e se sorteará un cadro que pintará en directo o artista ribeirense Manu Miné.
https://www.youtube.com/watch?v=ND90lbB-ik4