Gabriel Alén, a asociación Noia Histórica e o Concello noiés fixeron balance esta mañá da situación do tecido comercial na vila. Un sector fortalecido nos últimos anos segundo a entidade dos comerciantes, e que non deixa de gañar impulso.
Durante a xuntanza, o director xeral de Comercio puido coñecer máis de preto o traballo de Noia Histórica e as diferentes campañas impulsadas no ano, ademais das que aínda están por vir.

