O verán chega con forza á Pobra do Caramiñal. O Concello e a navieira Piratas de Nabia anunciaron hoxe un novo programa turístico no que se inclúen visitas ás illas atlánticas dende o porto pobrense.
Unha iniciativa ancida coa intención de poñer en valor os recursos turísticos de Galicia onde, segundo a concelleira de Turismo, non é difícil chegar dende A Pobra.

