A creatividade e o talento musical déronse hoxe cita no Auditorio de Ribeira da man da Fundación Paideia Galiza, a Asociación Deloa e a Escola de Organización Industrial.
Ribeira acolleu o peche do proxecto Coworking Interritmos nunha xornada que comezou ben cedo, ás sete da mañá, coa emisión do programa Hoy Empieza Todo, en Radio 3.
Catuxa Salom, Tanxugueiras ou Triángulo de Amor Bizarro foron algúns dos grupos e artistas que pasaron polo auditorio ribeirense. Unha xornada que se desenvolve ao mesmo tempo en Galicia e Andalucía.